Inicio - oslcixug/config-soxug GitHub Wiki

Pasos a seguir para configurar a interface de rede en Ubuntu soxug 12.04.

O primeiro que debemos facer é evitar que NetworkManager configure a interface eth0, do seguinte xeito: Modificamos o ficheiro /etc/NetworkManager/NetworkManager coa seguinte configuración:

[main] plugins=ifupdown,keyfile dns=dnsmasq

[ifupdown] managed=true

Deste xeito, as interfaces que sexan configuradas en /etc/network/interfaces non van ser actualizadas polo NM. É necesario facer algo parecido cos servidores DNS: Debemos incluír os datos dos servidores no ficheiro: /etc/resolvconf/resolv.conf.d/head: nameserver 192.168.40.21 nameserver 192.168.40.12

e podemos actualizar co seguinte comando: # resolvconf -u

Se nos atopamos con que non existe o ficheiro /etc/resolv.conf, podemos executar #dpkg-reconfigure resolvconf